martes, 3 de abril de 2012

NOVO ESPAZO LIBERADO NO MORRAZO



Aquí deixo o manifesto de okupación do grupo de xente que okupou o antigo edificio do Liceo Recreativo de Estribela para crear o CSO Liceo:

MANIFESTO DE OKUPACION

Este manifesto pretende ser a voz de todolxs perxudicadxs por un reparto inxusto. Nos poñemos cara a todolxs que se reparten as sobras dxs que van sobradxs. Somos todolxs que non temos un fogar nun pobo cheo de casas condeadas o abandono pola soberbia, non e por diversión…ainda que as veces tamen nos divirtimos, nin e por provocar… xa sabemos quenes se daran por provocadxs, e a necesidade vital a que nos leva a okupar. Nun mundo baseado na rentabilidade non temos collida por iso, buscamos e liberamos este espazo totalmente esquecido e condeado a caerse en anecos pola indeferencia dos seus donos, buscamos abrir espazos para debatir, espazos culturais, e informativos, creamos lugares para o pobo onde o pobo poda relizarse a si mesmx, compartindo, respetando e confiando, de igual a igual sen rendires preitesia a nada nin a ninguen.Xs de sempre, trataran de facelo seu traballo para votarnos, para que todo siga igual, elxs enrriba e nos abaixo manipulando a realidade da maneira qe mais lles conveña. Nos invitamoste a vir e participar nas asembleas para que quites as tuas propias conclusións.

jueves, 26 de enero de 2012

CNT: Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo

Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.
Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".
A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia.

martes, 4 de octubre de 2011

MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA

O venres día 14 de outubro ás 20:30 horas terá lugar unha manifestación contra o recorte de horas da ambulancia de Marín, que dende o recorte dictado pola Xunta de Galicia só traballa 12 horas ó día, deixando ós/ás marinenses sen unha atención sanitaria rápida nas horas nocturnas.
Tamén se pedirá a construcción do novo centro de saúde, este co que todos os grupos políticos fan campaña, pero que nunca se constrúe, a pesar de que a obra está licitada.
Finalmente exisirase a ampliación do hospital de Montecelo con fondos públicos, e rexeitando calqueira outra forma de copago que implique unha privatización na sanidade.

O 14 DE OUTUBRO TODOS Á RÚA!!!

miércoles, 14 de septiembre de 2011

MANIFESTACIÓNS POLA SANIDADE E EDUCACIÓN PÚBLICAS





O Venres día 16 de Setembro na alameda de Marín manifestación en contra dos recortes en sanidade, así como da supresión da ambulancia da casa do mar de Marín. Será ás 20:30 na alameda de Marín.
O Domingo día 18 de Setembro terá lugar en Pontevedra unha manifestación en contra dos recortes e privatización da edicación e sanidade. Concentración diante do axuntamento de Pontevedra a partir das 19:00, saída 20:00

lunes, 6 de junio de 2011

viernes, 20 de mayo de 2011

X.L.M.

SIMPLE Y COHERENTE 

jueves, 19 de mayo de 2011