martes, 4 de octubre de 2011

MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA

O venres día 14 de outubro ás 20:30 horas terá lugar unha manifestación contra o recorte de horas da ambulancia de Marín, que dende o recorte dictado pola Xunta de Galicia só traballa 12 horas ó día, deixando ós/ás marinenses sen unha atención sanitaria rápida nas horas nocturnas.
Tamén se pedirá a construcción do novo centro de saúde, este co que todos os grupos políticos fan campaña, pero que nunca se constrúe, a pesar de que a obra está licitada.
Finalmente exisirase a ampliación do hospital de Montecelo con fondos públicos, e rexeitando calqueira outra forma de copago que implique unha privatización na sanidade.

O 14 DE OUTUBRO TODOS Á RÚA!!!